Financiando DURA LEX

duralexA lei do teatro é dura, pero é lei e hai que financiarse. Desde Volta e Dálle lanzamos unha pequena campaña de subscrición popular en réxime de micromecenado ou crowdfunding para o novo espectáculo da compañía, DURA LEX, un monólogo cómico sobre a xustiza escrito por Carlos Santiago e interpretado por Pepe Penabade. Se queredes apoiarnos nesta nova aventura escénica, podedes consultar as bases da campaña na sección de Micromecenado. Alí poderedes escoller as diferentes opcións, desde achegas individuais, que darán dereito a dúas entradas para calquera función do espectáculo, ata as achegas colectivas que darán dereito a unha función do espectáculo para a vosa asociación ou colectivo.

7 thoughts on “Financiando DURA LEX”

  1. apoio este valente proxecto, a xustiza no estaribel da man dun equipo de primeira, …é de lei … entre tod@s algo de luz

Deixar un comentario